L1931110 PFPP 2019/2020 27015955 – EOI de Lugo Implantación dos programas Erasmus + na EOI de Lugo

No marco dos Plans de Formación Permanente do Profesorado, once profesoras e profesores da EOI de Lugo participamos do 18 de outubro de 2019 ata o 24 de xaneiro de 2020, no Seminario de Traballo que leva por título: Implantación dos programas Erasmus+ na EOI de Lugo.

Continuando cunha andaina de anos emprendida por un grupo de compañeiros e compañeiras, decidimos reunírmonos co obxectivo central de redactar unha solicitude dirixida en primeira instancia ao Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), organismo autónomo, dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, que actúa como Agencia Nacional para a xestión, difusión, promoción e estudos de impacto do programa Erasmus+ da Comisión Europea no eido da educación e da formación.

Contamos para isto coa axuda de dúas relatoras de recoñecida experiencia, como son Ana Osorio, asesora do CEFORE de Lugo, así como Teresa Moralejo, xefa de Estudos da EOI de Santiago de Compostela, ambas con ampla experiencia neste eido.

Temos o firme convencemento de que a Unión Europea é o marco ideal para o noso desexo de apertura a outras experiencias educativas, de traballo colaborativo con centros de ensino de similares características ao noso e de intercambio de ideas e metodoloxías. É preciso establecer sinerxias para ser quen de mellorar e avanzar no proceso de ensino-aprendizaxe de linguas.

Para poder facer partícipes ao alumnado, a toda a comunidade educativa e a nosa contorna dos nosos pasos neste sentido, coidamos que é fundamental que esteamos en disposición de observar o que acontece ao noso arredor. Por iso convertemos o anglicismo GOAL na súa doble acepción de obxectivo e meta ou gol -co mellor dos espíritos deportivos-,  no acrónimo do noso proxecto, que ven representar a idea de: “Garantindo a Observación na Aprendizaxe de Linguas”. E baixo este lema recollemos o desexo de desenvolver metodoloxías, a mediación e a inclusión nun entorno multicultural.

A realidade das nosas aulas, insertas como a nosa sociedade nun mundo globalizado de realidades que mudan rápidamente, co seu abano de membros do máis heteroxéneo en canto a idade, procedencia e inquedanzas, obríganos a estar ao día e ser quen de responder a todos estes retos.

Precisamos por iso saír do noso recuncho e por medio de mobilidades e do que elas implican, facer de nós e da nosa escola un eixo vertebrador da nova realidade intercultural e contribuírmonos a dar pasos cara adiante no que respecta á internacionalización e á inclusión.

Pretendemos como primeiro paso -de ter unha acollida favorable o noso proxecto-,  comezar o vindeiro curso 2020/2021 unha serie de mobilidades, que terían a súa continuidade no curso 2021/2022.

Tanto o edificio da EOI como a súa páxina web van ser testemuña e punto informativo de todas as accións que vimos de emprender e coas que esperamos continuar de xeito intenso e nun prazo relativamente breve.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s