Participación do profesorado no programa PIALE 2023

Dúas profesoras da EOI de Lugo participaron no programa PIALE convocado pola Xunta de Galicia para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

Ana Álvarez do departamento de inglés comparte a súa experiencia en Londres aquí:

Made with Padlet

Ana Belén López, tamén do departamento de inglés, participou no curso de alemán e coméntanos isto:

Unha experiencia en alemán dunha profesora de inglés

O verán pasado tiven a oportunidade de participar no programa PIALE da Xunta de Galicia. A modalidade na que participei consiste en dúas fases: un curso de formación de dúas semanas de duración no país da fala, no meu caso alemán, e a elaboración dunha proposta didáctica.

E alguén poderá dicir, que fai unha profesora de inglés facendo un curso de alemán? Pois ben, a Xunta de Galicia fomenta a aprendizaxe de linguas entre o profesorado e, no meu caso, xa puidera facer experiencias similares en inglés e tamén en francés, sempre moi positivas.

Eu aprobei o nivel B2 (requisito para a participación no programa) da EOI nas probas libres do curso pasado e o máis proveitoso da participación neste PIALE e da previa preparación das probas da EOI foi que me puiden poñer na pel dos estudantes dunha lingua estranxeira e, máis concretamente, dos estudantes da EOI. Que distinto se ve todo dende ese lado da aprendizaxe!

Sufrín os nervios das probas e as dificultades de enfrontarse a unha lingua nun contexto real. A experiencia serviume para reflexionar sobre a importancia dunha dobre perspectiva na aprendizaxe dunha lingua: non é suficiente con estar no país da fala nin abonda con levar aprendida a lingua. As dúas son necesarias.

A estancia durou dúas semanas e estivemos un grupo de 5 profesores en Múnic. Pola mañá tiñamos clases de alemán con alumnado doutros países e pola tarde exploramos a cidade cuxa oferta cultural é abraiante.

Aquí deixo unhas fotos:

One thought on “Participación do profesorado no programa PIALE 2023

  1. Me encanta participar en programas de este tipo (qué envidia me habéis dado con vuestros PIALE), y me alegro un montón de que otras podáis disfrutarlos también y, además, formaros y contribuir a que nuestro trabajo funcione mejor. Gracias por compartir.

    ¡Aquí nadie se estanca en su zonita de confort! 😉

    Gústame

Deixar un comentario